- Utilización da técnica de monocapas como modelo da membrana celular
- Comportamento superficial de liposomas, nanopartículas e doutros sistemas de administración de medicamentos
- Estudo da penetración de substancias hidrosolúbeis en monocapas estendidas na interface ar/auga (cinéticas de adsorción a membranas, mecanismos de internalización celular)
- Caracterización estrutural de compostos anfifílicos a través de potencial de superficie, microscopía de ángulo de Brewster (BAM) e fluorescencia
- Estudo molecular e termodinámico da interacción de fármacos, macromoléculas e outras substancias bioactivas con biomembranas e outros coloides de agregación (micelas, vesículas) usados como sistemas de liberación de fármacos
- Estudos termodinámicos de miscibilidade superficial en sistemas multicomponente; diagramas de fases superficiais
- Obtención de monocapas de tensoactivos e macromoléculas sobre substratos sólidos (filmes de Langmuir-Blodgett e Langmuir-Schaeffer) para posterior análise instrumental (microscopía, espectroscopía, etc.)
- Estudo da actividade superficial de tensoactivos baixo diferentes condicións
Servizos ofertados polo noso laboratorio