Ir o contido principal

O equipo de investigación Francisco de Quevedo publica dous novos volumes nas súas series de edición crítica

Portada do V volume da edición crítica da obra en prosa de Quevedo
Portada do V volume da edición crítica da obra en prosa de Quevedo
O equipo de investigación Francisco de Quevedo publica dous novos volumes nas súas series de edición crítica

Continuando coa liña de resultados regularmente mantida desde 2003, o equipo de investigación da USC Francisco de Quevedo acaba de publicar dous novos volumes correspondentes ás súas dúas series de edicións críticas da obra do autor do Século de Ouro español. O primeiro corresponde ao volume V da edición crítica e anotada da obra en prosa de Quevedo. Publicado, como os precedentes, pola editorial Castalia, contén os tratados políticos do escritor (Discurso de las privanzas, Política de Dios y Marco Bruto). Agora que a colección de Obras Completas de Quevedo superou o ecuador do seu amplo proxecto o grupo editorial ten prevista en Barcelona unha presentación conmemorativa dos cinco volumes editados á vez que afronta a posibilidade da súa difusión en lingua italiana. O segundo libro, que forma parte do plan xeral de edición crítica da poesía completa de Quevedo, versa sobre a súa lírica amorosa. Poesía amorosa. Erato, sección primera publicouno a Universidade de Navarra con Alfonso Rey (investigador principal do grupo de investigación da USC) e María José Alonso Veloso como responsables da edición. Ambos os dous libros recibiron financiamento en convocatorias competitivas; o de prosa do Plan nacional de investigación e o de poesía dentro do autonómico. Portada de Poesía amorosa. Erato, sección primera

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2023.