Os profesionais e as institucións de investigación deben asegurarse tamén de que o seu traballo está ao servizo dos intereses e necesidades da sociedade, e de que os seus resultados son accesibles (Open Access) para outros investigadores e para toda a cidadanía.
Os principios éticos básicos que debe garantir a actividade investigadora, no seu desenvolvemento e nos seus fins, son o respeto á dignidade do ser humano, a autonomía da súa vontade, a protección dos seus datos persoais (privacidade e confidencialidade), o benestar animal e a preservación do medio ambiente.
A USC está comprometida con estes principios e, a través da súa Política de Responsabilidade Social, co desenvolvemento sostible, a igualdade de xénero, a cooperación a desenvolvemento e a promoción de iniciativas de interese social. Todo elo enmarcado no compromiso ético da USC coa sociedade e con toda a comunidade universitaria, de traballar seguindo os principios de liberdade, xustiza, eficiencia, responsabilidade e respeto, recollido no seu Código Ético.