Ir o contido principal

MaxFEM

MaxFEM é un software de código aberto para a resolución numérica de problemas de electromagnetismo utilizando o método dos elementos finitos. O paquete reúne baixo unha única interface distintos módulos ou aplicación que permiten abordar problemas de electrostática, corrente continua, magnetostática, magnético transitorio e eddy currents, en dúas e/ou tres dimensións e en coordenadas cartesianas e/ou cilíndricas.

O usuario pode realizar cambios internos para adaptar ás súas necesidades tanto a interface como os programas de cálculo que contén. Ademais, e grazas á estructura modular da interface, queda aberta a posibilidade de incorporar outro tipo de problemas (por exemplo, térmicos acoplados con electromagnéticos). En virtude da licencia GPL, calquera usuario pode incluír as súas propias aplicacións e redistribuír o software.

Software multiplataforma

Utilizáronse dúas linguaxes de programación para a codificación de MaxFEM:

  1. Python: para desenvolver a interface gráfica.
  2. Fortran: para desenvolver os códigos de cálculo.

Ademais, o feito de utilizar Python dalle a MaxFEM a propiedade de ser multiplataforma:

  • Windows
  • Linux
  • Mac OS

MaxFEM aborda diferentes problemas en electromagnetismo:

  1. Electrostática 2D e 3D
  2. Corrente continua 2D e 3D
  3. Magnetostática 2D
  4. Magnético transitorio 2D
  5. Eddy currents 2D, 3D e axisimétrico
  • Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela
  • María Dolores Gómez Pedreira
  • María del Carmen Muñiz Castiñeira
  • Francisco José Pena Brage
  • Marta Piñeiro Peón
  • María del Pilar Salgado Rodríguez
  • Víctor Sande Veiga
  • Rodrigo Valiña Gutiérrez

Se ten problemas con MaxFEM, por favor, mire o ficheiro README antes de contactar. Este ficheiro tamén pode consultarse no repositorio de MaxFEM sen ter instalada a aplicación.

O xeito preferente de facer consultas sobre MaxFEM é a través do foro de Discusión Xeral. Por favor, inclúa na mensaxe información sobre o seu sistema operativo e distribución de Python.

Para calquer outra cuestión, envíe un correo a maxfem [at] usc.es (maxfem[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2023.