Ir o contido principal

Software PAMM

O loxical PAMM (Propagación Acústica a través de Medios Multicapa) desenvolvido no Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, permite predicir o comportamento acústico de medios estratificados formados por materiais de diferentes características. Emprega un modelo unidimensional de maneira que supón que as ondas sonoras son planas aínda que con  incidencia oblicua. Este programa ofrece a posibilidade de construír medios multicapa con un número ilimitado de materiais entre os que figuran cavidades de aire, sólidos elásticos, placas ríxidas, placas elásticas (simples ou compostas), medios porosos (con poro aberto ou poro pechado), impedancias de parede e velos porosos.

Unha vez introducidos os datos de cada un dos materiais que forman o medio multicapa a través da interfaz gráfica do loxical, PAMM permite calcular unha gran variedade de índices cos que valorar o comportamento acústico do medio multicapa, como son o nivel de presión sonora, a perda de transmisión, o coeficiente de reflexión, o coeficiente de absorción, a impedancia de entrada e de saída do medio multicapa.

En calquera destes casos, o programa constrúe unha táboa cos valores de cada un destes índices e representa graficamente un varrido respecto a calquera das propiedades físicas que caracterizan ao problema de propagación acústica a través do medio multicapa.

Ademais, existe a opción de visualizar unha animación das ondas planas que son solución do problema de propagación acústica.

Contacto

Andrés Prieto Aneiros

Email
andres.prieto@rai.usc.es

O loxical de simulación acústica PAMM é gratuíto. Para descargalo, só debe enviar un correo electrónico cos seus datos persoais e indicándonos o motivo do seu interese polo programa, á seguinte dirección de correo electrónico, poñendo como asunto da mensaxe "Descarga PAMM":

andres.prieto [at] rai.usc.es (andres[dot]prieto[at]rai[dot]usc[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2023.