Ir o contido principal

Día mundial da Abella

20.05.2024 | 17.00h-19.30h

O colectivo Máisquemel organizará varias actividades con motivo da celebración o Día Mundial das Abellas o 20 de maio, que terán lugar entre Santiago de Compostela e Abegondo durante todo o mes de maio.

Cartel do evento
Cartel do evento

Programa Día Mundial da Abella 2024:

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Biblioteca Pública Anxel Casal

Do 7 ó 31 de maio: Exposición “As abellas máis antigas  de Europa“, cedida por Pajuelo Consultores Apícolas  e mostra de bibliografía  apícola galega.

7 de maio, ás 17 h. Inauguración da exposición  e degustación de meles da IXP Mel de Galicia

18 de maio, ás 12 h. Espectáculo de títeres “Pirula e o misterio das abellas”e obradoiro de chapas solidarias  cos polinizadores. Pola compañía Garabullo .

31 de maio, ás 18 h. Presentación do libro “Abellón, o libro negro das zoadeiras”, polos autores Xoan-Xil López e Mauro Sanín, Central Folque.

Actividades con entrada libre ata completar o aforo.

Museo de Historia Natural

18 de maio, ás 17 h.: Inauguración do “Hotel de Insectos” no parque de Vista Alegre e portas abertas no Museo todo o día

A instalación será realizada coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural, o Centro de Formación Profesional  Politécnico de Santiago e Concello de Santiago de Compostela.

Despois do acto de inauguración, haberá un obradoiro no cal o público asistente poderá participar na propia construcción do hotel de insectos e unha presentación de publicacións sobre natureza por parte da Librería Aenea. A actividade é aberta e para todos os públicos, ata completar aforo ou materiais dispoñibles.

Outras actividades no museo:

Ó longo do mes de maio, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural realizará varias accións para crear conciencia sobre a nosa dependencia dos polinizadores e a necesidade de parar o seu declive. Estas actividades incluirán roteiros e obradoiros sobre plantas, insectos e aves, pensadas para maiores e pequenos. Próximamente publicaremos máis información.

 

ABEGONDO

Ecomuseo – Casa das Abellas de Meangos

19 de maio: Convivio no Ecomuseo Casa das Abellas

Ás 12 h. Visita guiada polo Ecomuseo

ÁS 14 h. Xantar de campo (cadaquén leva o seu xantar)

Ás 16 h. Presentación do libro “A cultura do mel na Costa da Morte” pola autora Carme Toba

Ás 16.30 h. O miñato abelleiro contra a Vespa velutina, por José Manuel Fernández, ornitólogo

Ás 17 h. Debate “A Apicultura galega na encrucillada”

Inscricións no email info [at] maisquemel.gal (info[at]maisquemel[dot]gal) ou  por whatsapp no 630 069 635, ata completar aforo

25 de maio: Visita da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC

Visita guiada polo Ecomuseo, charla sobre as aves da contorna e visita a outros lugares de interese pola zona.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2024.