Ir o contido principal

Inauguración da exposición do I Concurso Apiarte. Día Mundial da Abella

20.05.2025 | 18.30h
Día Mundial da Abella
Día Mundial da Abella

O Museo de Historia Natural da USC súmase á celebración do Día Mundial da Abella con actividades para todos os públicos co obxectivo de poñer en valor o papel esencial destes insectos e doutros polinizadores na saúde dos ecosistemas. O programa organízao Máisquemel

O martes 20 de maio ás 18:30 horas terá lugar a inauguración da exposición do I Concurso Apiarte no Museo de Historia Natural nun acto amenizado con actuacións musicais do alumnado da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

A maior parte das actividades desta Día Mundial da Abella concentraranse o sábado 24, entre elas dous obradoiros sobre os polinizadores, a entrega de premios do I Concurso Apiarte e unha mostra e degustación de produtos das abellas.

As actividades son de balde ata completar aforo. Para máis información, info [at] maisquemel.gal (info[at]maisquemel[dot]gal) e 630 069 635.

No programa colabora o Museo de Historia Natural da USC, o Concello de Santiago, a Biblioteca Pública Ánxel Casal, Divulgare – Universidade de Vigo, a Asociación de Amigos do Museo, a Escola Municipal de Música, Mulleres Abelleiras Galegas e a Asociación Cultural Vagalumes.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.05.2025.