12.07.2025 | 11.00h-13.00h

Obxectivos
- Coñeceremos as características e curiosidades de diferentes especies de flora e fauna que habitan as dunas.
- Buscaremos restos e pistas destes seres vivos na area.
- Loitaremos contra a problemática do lixo mariño.
- Descubriremos a importancia das dunas na conservación das praias e costas.
Metodoloxía
Descubrimento a través de actividades e xogos
Responsable
Sabela Pérez, bióloga
Idade
Rapaces e rapazas de 6 a 12 anos
Tamaño dos grupos
Máximo 25 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Data e horario
Sábado 12 de xullo, de 11 a 13 horas
Prezo
5€ por persoa
