Ir o contido principal

2ª edición

Un mundo de bichos. Os insectos moven o planeta

15.06.2024 | 11.00h-13.00h

Insectos da exposición permanente do MHN
Insectos da exposición permanente do MHN

Obxectivos

  • Que é un insecto. Aprenderemos tamén a clasificalos e diferencialos doutros bichos.
  • Funcións e importancia dos insectos na natureza.
  • Fases de crecemento e desenvolvemento.
  • Curiosidades de insectos moi coñecidos como a mosca, o saltamontes, a bolboreta monarca, etc.
  • Visitaremos zonas do museo para ver algúns e faremos actividades para familiarizarnos con eles (crucigramas, hotel de insectos, etc.).

Metodoloxía

Descubrimento a través de actividades e xogos

Responsable

Mava Sual. Bióloga

Idade

De 6 a 12 anos

Tamaño dos grupos

Máximo 20 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.

Data e horario

Sábado 15 de xuño, de 11 a 13 horas

Prezo

5€ por persoa

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2024.