Aproveitando a recente publicación da lei sobre protección e dereitos dos animais en España, proponse a celebración dun curso de verán en colaboración con diferentes organismos e entidades públicas e privadas que analice estas modificacións lexislativas e o seu impacto no traballo das diferentes administracións e dos profesionais que actúan neste campo (veterinarios, enxeñeiros agrícolas, avogados e corpos de seguridade do estado entre outros).
Dirección: Mª Mercedes Camiña García
Secretaría: Antonio Iglesias Becerra
Lugar de celebración: 4 e 5 de setembro (Facultade de Veterinaria) 6 de setembro (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). Campus de Lugo
1 crédito ECTS
Este curso conta cun co-financiamento do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, de Galeno Especialidades Veterinarias, S.L. e da Deputación de Lugo.
PROGRAMA
Día 4 de setembro
9:00-9:15 Inauguración do curso polas autoridades
9:15-10:15 Peritaxe forense e aspectos legais. Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de Veterinarios de España (CXVE).
10:15-11:15 Protocolo xeral de intervención en casos de maltrato animal. Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de Veterinarios de España (CXVE).
11:15-12:15 Emisión de informes técnicos. A necesidade de peritos veterinarios no ámbito clínico e profesional. Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de Veterinarios de España (CXVE).
12:15-12:30 Descanso
12:30-14:15 Casos Prácticos (aplicación de procedementos e elaboración de informes). Alfredo Fernández Álvarez. Perito do Consello Xeral de Veterinarios de España (CXVE).
16:15-17:15 ¿Cómo realizar unha exploración a un animal ante unha sospeita de maltrato? María Luisa Suárez Rey. Xefa do servizo de Medicina Interna do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina.
17:15-17:30 Descanso
17:30-19:30 Seis anos da publicación da Lei 4 de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade en Galicia. ¿Qué supuxo na protección dos animais na nosa comunidade autónoma? Yolanda Gómez Saavedra. Veterinaria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Día 5 de setembro
9:00-10:00 Problemática da protección animal en équidos e bovinos. Casos prácticos de actuacións veterinarias ante deficiencias de benestar animal. Jesús Cantalapiedra Álvarez. Veterinario da Consellería do Medio Rural.
10:00-11:00 Auditoría de Benestar Animal mediante o protocolo Welfare quality. María Rey Campos. Auditora de CAPSA Foods.
11-11:15 Descanso
11:15-14:15 Talleres prácticos en explotación sobre valoración de benestar animal en équidos e bovinos e sobre o esquema de certificación mediante o sistema Welfare quality:
11:15-13:15: Caso práctico de auditoría de benestar animal en granxa de vacuno mediante o protocolo Welfare quality. María Rey Campos. Auditora de CAPSA Foods.
13:15-14:15: Caso práctico de inspección oficial de benestar animal en bovinos e équidos en granxa. Jesús Cantalapiedra Álvarez. Veterinario da Consellería do Medio Rural.
16:15-17:15 Aplicación de protocolos de Benestar animal en explotacións equinas. María Lourdes Sanmartín Sánchez. Comandante veterinario no centro de apoio loxístico de operacións, división de Operacións do Estado Maior do Exército de Terra.
17:15-18:15 A protección animal nos animais de experimentación. Entre o dilema ético e o avance científico. Jesús Casabiell Pintos. Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
18:15-18:30 Descanso
18:30-19-30 Actuación da Administración ante incumprimentos en materia de protección en animais de producción. Lucia Belver Quiroga. Abogada da Consellería do Medio Rural.
Día 6 de setembro
9:00-10:00.: A entrada e rexistro en lugares cerrados: análisis, desarrolo e utilidade como garantía de protección xudicial ante os supostos de maltrato animal. David Santos Río. Letrado da Administración de Xustiza.
10:00-11:30 A protección penal dos animais e o maltrato animal. Lucía Girón Conde. Fiscal delegada en Lugo da Rede Española de Fiscais de Medio Ambiente, Urbanismo, Patrimonio Histórico e Maltrato Animal.
11:30-11:45 Descanso
11:45-12:45 Réxime legal e xurisprudencial de protección e o benestar animal. Luis Villares Naveira. Maxistrado da sala do Contencioso-Administrativo. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
12:45-14:15 Mesa redonda sobre os efectos na tenencia dos animais da nova lei de protección animal. David Santos Río, Lucia Girón Conde e Luis Villares Naveira. Moderada polo presidente do Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo Don José Luis Benedito Castellote.
14:15 Clausura da Xornada