
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten previsto participar durante o curso 2025-26, nos Campionatos de España Universitarios (CEU 2026).
Poderán participar todas aquelas persoas matriculadas na USC, no curso académico en vigor e acreditar ser estudante de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento, dos títulos que teñan carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Poderanse solicitar créditos ECTS, que se expedirán a final do curso académico. Para máis información preme aquí.
Se estás interesado/a en tomar parte no proceso de selección para representar á USC nos Campionatos, deberás estar dado de alta no rexistrarse como usuario e comunicar antes do 15/12/2025 a túa intención de participar nos campionatos: solicitude.
En función dos recursos dispoñibles, a USC seleccionará e autorizará a participación nos CEU de acordo cos seguintes requisitos:
- Estar en posesión da licenza federativa da tempada en curso.
- Cumprir os criterios de selección da USC para cada modalidade.
O número de deportistas das distintas modalidades que acudan a estas competicións, estarán condicionados tanto pola convocatoria oficiais dos distintos campionatos, como pola dispoñibilidade orzamentaria da USC.
Campionatos
Novas relacionadas
A USC, gañadora do Campionato Galego Universitario de Natación
O equipo de 24 deportistas da USC fíxose ademais con 25 das 64 medallas
Ler máis