22.02.2024 | 19.30h-21.00h
O Grupo de divulgación Luzada organiza este encontro

O encontro Ultra-Violetas III 'Nesgos de xénero na educación' terá lugar este xoves 22 de febreiro na Aula Magna da Facultade de Física. Contará coa charla introdutoria Sexismo na ciencia ou a ciencia para o sexismo? a cargo da profesora Mónica Alzate da área de Psicoloxía Social da USC. A continuación desenvolverase unha mesa redonda na que varias expertas tratarán o tema dos nesgos de xénero nas aulas. A participación é de balde ata completar capacidade.
