Ir o contido principal

Camiñadas da EPS 2025

Os barrios do val do Miño

25/09/2025 - 16.30 horas

Avenida Pablo Iglesias, s/n
Parada de bus da EPSE

A Comisión de Normalización Lingüística da EPSE organiza un paseo guiado polo Lugo menos coñecido, aquel que mira ao Miño e aos seus barrios.
A inscrición está aberta e as prazas son limitadas

Lugo que mira ao Miño
"O Lugo que mira ao Miño" por Xelo2004, con licenza CC BY-SA 3.0

Que mellor forma de darlle a benvida ao curso 25-26 que coñecendo un pouco mellor a cidade na que vivimos e estudamos?

Propoñémosvos ignorar por un día a Catedral, a Muralla, a Domus do Mitreo... e afastarse do centro da cidade para facer unha camiñada polos barrios e os lugares de Lugo que se van abeirando ao río, moitos menos coñecidos pero que contan a historia da cidade tanto ou máis ca os grandes monumentos.

O noso anfitrión nesta andaina será Guido, guía turístico acreditado e profesor-titor do Grao de Turismo da UNED, un coñecedor experto de todos os segredos da zona que visitaremos. Da súa man percorreremos barrios como Recatelo, O Carme, A Pousadela, A Cheda, San Lázaro, A Ponte, Fingoi, Magoi ou Acea de Olga e afondaremos nas súas peculiaridades e características. 

Acompáñanos nesta viaxe pola historia galaica, romana, medieval e contemporánea dunha gran parte do Lugo extramuros, e tamén pola riqueza natural destes lugares onde a Reserva da Biosfera Terras do Miño fai especial honra ao seu nome.

As prazas son limitadas, así que apúntate axiña no enderezo electrónico mariadomar.perez [at] usc.gal (mariadomar[dot]perez[at]usc[dot]gal), poñendo no asunto "Inscrición camiñada setembro 2025" e indicando os teus datos persoais e un teléfono de contacto. 

 

Cartel anunciador
Cartel camiñada setembro 2025
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.09.2025.