Ir o contido principal

Fenómenos astronómicos

Fenómenos astronómicos de 2024

Visión dos planetas

Observación a simple vista dos planetas en 2024

  MERCURIO VENUS MARTE XÚPITER SATURNO
XANEIRO AS AS AS DS DS
FEBREIRO AS/ AS AS DS DS/
MARZO DS// AS AS DS AS//
ABRIL DS/ AS// AS AS DS AS
MAIO AS   AS DS/ AS
XUÑO AS/ DS//   AS AS AS
XULLO DS DS// AS AS AS
AGOSTO DS/ AS// DS AS AS AS
SETEMBRO AS/ DS AS AS AS/ TN DS//
OUTUBRO DS// DS AS AS DS
NOVEMBRO DS DS AS AS DS
DECEMBRO AS// DS AS AS/ TN DS// DS

Lenda

AS :antes da saída do Sol (ó Leste) 
AS/ :antes da saída do Sol (ó Leste), pero só nos primeiros días do mes 
AS// : antes da saída do Sol (ó Leste), pero só desde mediados do mes 
DS: despois da posta do Sol (ó Oeste) 
DS/ : despois da posta do Sol (ó Oeste), pero só nos primeiros días do mes 
DS// : despois da posta do Sol (ó Oeste),  pero só desde mediados do mes 
PN :ó principio da noite 
BPN: boa parte da noite 
CTN : casi toda a noite

Eclipses

En 2024 haberá 4 eclipses, 2 de Sol e 2 de Lúa. A eclipse de Sol do 8 de abril, será visible como parcial nas illas máis occidentais de Canarias e no extremo noroeste da península. Coincide o solpor cando a eclipse acaba de comezar, polo que, a magnitude do mesmo será moi limitada. A eclipse parcial de Lúa do 18 de setembro poderá verse dende toda a xeografía española. O grao de escurecemento será escaso. 

Eclipses de sol

  • 08 de abril/ total

Visibilidade: Norteamérica e Centroamérica.

  • 02 de outubro/ Anular

Visibilidade: Pacífico e sur de Sudamérica.

Eclipses de lúa

  • 25 de marzo/ Penumbral

Visibilidade: América.

  • 18 de setembro/ Parcial

Visibilidade: oeste de Asia, Europa, África e este de América. Eclipse parcial de moi baixa magnitude que será visible en toda España. 

Estacións

Comezo das estacións no ano 2024

Primavera —> 20 marzo (4h 6m)

Verán —> 20 xuño (22h 51m)

Outono —> 22 setembro (14h 44m)

Inverno —> 21 decembro (10h 21m)

(Os instantes están dados na Hora oficial peninsular española)

Cambio da hora

Cambio da hora oficial no ano 2024

Como en anos anteriores, e de acordo coa normativa da Unión Europea, vaise proceder ao cambio de hora oficial os últimos domingos de marzo e outubro. Concretamente o día 31 de marzo adiantaráse o reloxo en 1 hora (ás 2h poñeranse as 3h) e o día 27 de outubro atrasarase o reloxo en 1 hora (ás 3h poñeranse as 2h).

De modo que a hora oficial peninsular española (T.O.) difire da escala de Tempo Universal Coordinado (T.U.C.) en 1 hora no HORARIO DE INVERNO e en 2 horas no HORARIO DE VERÁN.

T.O. = T.U.C. + 1h, INVERNO

T.O. = T.U.C. + 2h, VERÁN

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2025.