Ir o contido principal

Reedítanse os 'Ensaios en galego' de Ramón María Aller

De esquerda a dereita, Victorino Gutiérrez Aller, José Ángel Docobo, Uxío Labarta e Francisco Díaz -Fierros
De esquerda a dereita, Victorino Gutiérrez Aller, José Ángel Docobo, Uxío Labarta e Francisco Díaz -Fierros
Reedítanse os 'Ensaios en galego' de Ramón María Aller

Entre 1931 e 1934, na xa desaparecida revista Logos, Ramón María Aller Ulloa publicou unha serie de ensaios froito da súa intensa relación con destacados membros do Seminario de Estudos Galegos, do que formaba parte dende 1928. Toda esta produción valeulle a consideración a Ramón Mª Aller como un dos precursores do uso do idioma galego nas ciencias matemáticas, físicas e na natureza e o primeiro no eido da astronomía.
Agora, ese conxunto de ensaios volve estar de actualidade ao presentarse este martes unha reedición facsimilar que os recolle nun volume a cargo do Observatorio Astronómico da USC e da Delegación en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
A presentación da obra tivo lugar na Sala Sargadelos de Santiago, que precisamente alberga unha exposición filatélica e outra sobre o ilustre astrónomo. No acto participaron o director do Observatorio Ramón María Aller, José Angel Docobo; o coordinador institucional do CSIC en Galicia, Uxío Labarta; o catedrático da USC e académico Francisco Díaz-Fierros; e o sobriño de Ramón María Aller, Victorino Gutiérrez Aller.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2025.