Ir o contido principal

A Ponte entre o Ensino Medio e a USC

Desde o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, como o seu nome indica, queremos facer de ponte entre o estudantado de Ensino Medio e a USC, para informarte e orientarte como futuro estudante universitario, para que poidas elixir os estudos que máis se adapten ás túas preferencias.

Que servizos ofrece ao estudantado?

  • Información para o estudantado nos centros de Ensino Medio
  • Programa de charlas Temáticas en colaboración cos centros de Ensino Medio
  • “A USC Camiña”: Xornadas de Achegamento a Universidade polas comarcas de Galicia
  • Programa Encontros na USC para estudantes de Ensino Medio
  • Coordina o STEMbach
  • Organiza o Acto de Recoñecemento aos Mellores Expedientes de Galicia (para os de FP en Lugo e para os de Bacharelato en Santiago)
  • Formación e coordinación do Alumnado Titor da Universidade-   

Como podo contactar con A Ponte?

aponte [at] usc.gal (aponte[at]usc[dot]gal)
Teléfono 881 814 576

Onde está situado/a no campus?

Pavillón Estudantil, 2º andar. Campus Vida
15782 Santiago de Compostela

Que actividades/ programas podo solicitar?

As solicitudes deben facelas os centros de Ensino Medio:

  • Visitas aos centros de Ensino Medio
  • Charlas temáticas para o estudantado dos centros de Ensino Medio
  • A dirección de Proxectos do STEMbach.

Cando podo solicitalos?

  • A solicitude de visitas está aberta todo o curso.
  • As charlas Temáticas faise a comunicación da oferta aos centros de secundaria no mes de setembro.
  • A dirección de Proxectos do STEMbach é un programa aberto que pode solicitarse durante todo o curso

Como podo solicitalos?

  • Mediante os formularios habilitados na páxina Web
  • Pode pedirse calquera tipo de información por teléfono ou correo electrónico

Onde podo solicitalos?

Nas Actividades relacionadas da páxina Web do Programa:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/xestion-servizos-academicos/acceso-universidade/programa-ponte