Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...
Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, nestas xornadas poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade.
Esperamos que este sexa o primeiro paso dunha nova experiencia vital. Adiante, asómate, pasa, investiga, toca, experimenta, pregunta… somos Zona USC.
Estuda na USC