Buscando na historia o freo para o caos ambiental
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza no que toma parte o grupo HISTAGRA da USC pon en valor as formas de manexo do territorio levadas a cabo historicamente polas comunidades locais para, a través do aproveitamento sostible, lograr que os montes sexan menos proclives aos lumes e se transformen en espazos máis biodiversos e multifuncionais
Ler máisPemade forma a 50 profesionais en construción con madeira contralaminada (CLT) co Life Lugo+Biodinámico
A construción en madeira estrutural constitúe un importante nicho de emprego que precisa de profesionais cualificados, sinala o catedrático da USC Manuel Guaita
Ler máisA Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social debate sobre educación e cultura ambiental en Formación do Profesorado
O XXI Congreso Internacional SIPS 2021 abordará os días 28 e 29 de outubro, 4, 5 e 6 de novembro desde o centro universitario lugués o reto da transición ecolóxica e as respostas educativas á crise socioambiental
Ler máisA USC, mentora de universidades centroasiáticas grazas ao proxecto CLASS
Ao abeiro do Programa Erasmus+, levouse a cabo a formación de persoal docente e investigador para a posta en marcha dun máster en Lingüística Computacional xa acreditado ante os gobernos casaco e uzbeko
Ler máisOs sistemas construtivos ETC do Life EcoTimberCell, entre os oito finalistas do concurso de Ecodiseño do Conama 2020
O certame do Congreso Nacional de Medio Ambiente distingue produtos, servizos e modelos de negocio que apostan por reducir o impacto ambiental no seu ciclo de vida
Ler máisA educación en rede, a debate no XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía
Este foro para o que é posible inscribirse de xeito anticipado ata o 15 de abril, desenvolverase en liña entre os días 7 e 9 de xullo
Ler máisO Círculo de Lingüística Inglesa profunda nas ‘ilusións gramaticais’ e nos ‘case-sinónimos’ vinculados ao olfacto
As investigacións desenvolvidas por Iria de Dios Flores e Daniela Pettersson Traba enmárcanse no seo desta rede composta por cinco grupos de referencia competitiva e potencial de crecemento da USC e da UVigo
Ler máisCientíficos da USC atopan novos achados xenéticos da síndrome de exfoliación, factor de risco máis común de glaucoma
Antonio Salas e Federico Martinón toman parte nunha investigación internacional que evidenciou como a expresión xenética no xene CYP39A1 está relacionada co risco de padecer a enfermidade
Ler máisCientíficos da USC descobren unha nova chave que podería pechar o paso da metástase
Trátase da proteína POU1F1 que favorece a progresión do cancro de mama, a metástase e a activación dos fibroblastos a través da regulación de lactato
Ler máisRedes sociais e familia, espazos clave para o estudo da lingua nas novas xeracións
O ILG da USC e Xunta de Galicia asinan por primeira vez un convenio cuadrienal de colaboración que permitirá ademais sufragar ata 2024, con preto dun millón de euros, os traballos para a elaboración do Atlas Lingüístico Galego ou para afondar no patrimonio textual da Galicia medieval
Ler máisAs lonxas da marca ‘pescadeRías, ¿de onde se non?’, distinguidas coa ecoetiqueta ‘pescaenverde’ da USC
Esta marca de garantía desenvolta por investigadores do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental achega información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen no medio ambiente
Ler máisAvances no manexo da rega para mellorar o cultivo de lúpulo e a calidade das producións
Os resultados acadados polo equipo de Fertirrigación e Necesidades Hídricas do grupo PROePLA da USC encádranse no proxecto ‘Innovacións no cultivo de lúpulo en España’, promovido polo Grupo Operativo Lúpulos de Calidade con financiamento do Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural
Ler máisNace ‘Smart Cardia’, a plataforma intelixente que facilita a xestión da rehabilitación cardíaca
Este proxecto no que toma parte a USC ve a luz como apoio aos profesionais sanitarios que tratan a pacientes que sufriran un infarto agudo de miocardio
Ler máis‘Plantando cara ao lume’ recupera unha parcela do Xurés asolada polas lapas
A expedición universitaria, que contou coa colaboración de persoal doutras entidades e empresas, plantou castiñeiros e carballos nun terreo incendiado no Concello de Muíños
Ler máis