O reto social da provisión de alimentos seguros, saudables e de calidade centra unha xornada de BioReDes no campus de Lugo
Marta Conde Vidal tratou sobre os obxectivos deste cometido da estratexia H2020 nunha sesión informativa e de divulgación orientada á comunidade científica
Ler máisO Ibader da USC promove en Lugo unha xornada sobre a xestión e a conservación da biodiversidade en Parques Nacionais
A sesión desenvolverase o 24 de maio, a partir das 17.00 horas, no Pazo de San Marcos e inclúe dous relatorios. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo
Ler máisA USC reforza a oferta académica da Facultade de Ciencias de Lugo co título de Máster en Enxeñaría de Procesado de Alimentos
O posgrao, que comezará no curso 2019-20, é presencial e ten unha estrutura de 90 créditos ECTS. O título atende as recomendacións do Clusaga e inclúe estadías en empresas
Ler máisO Museo de Historial Natural celebra o Día Internacional dos Museos cunha xornada de entrada libre
O sábado 18 están previstas tres visitas guiadas, ademais de estrear unha nova mostra de modelos clásticos de grande valor
Ler máisA USC conmemora o Día das Letras galegas cun acto literario dedicado a Antonio Fraguas
Paralelamente, Xeografía e Historia acolle ata o 3 de xuño unha exposición sobre Antonio Fraguas e a súa relación coa USC
Ler máisA USC, repite entre as mellores universidade do mundo do ránking Leiden de produción científica
A clasificación estrea un novo indicador, polo que a USC ascende a posición 337 atendendo ao xénero de quen asina os artigos científicos avaliados
Ler máisO VII Campus Científico Internacional de Verán XuvenCiencia supera as 300 inscricións, o dobre das prazas ofertadas
O primeiro prazo de matrícula remata ás 24.00 horas do 21 de maio. O campus desenvolverase do 1 ao 5 de xullo na sede universitaria luguesa
Ler máis