Seminario Internacional “Resistencias nobiliarias no mundo ibérico (ss. XV-XVIII)”, coordinado por Mónica Fernández Armesto, Guillermo López Juan e Miguel Soto Garrido

O día 7 de xullo de 2023, no Colexio de España (París, Francia), vaise celebrar o seminario internacional Resistencias nobiliarias en el mundo ibérico (ss. XV-XVIII), coordinado por Mónica Fernández Armesto (membro do GIHM da USC), Guillermo López Juan (UV) e Miguel Soto Garrido (IH/CSIC-UMA). Na organización tamén colabora a Universidade de Santiago de Compostela, mediante o proxecto nacional Culturas urbanas y resistencias en la Edad Moderna: actores y espacios (PID2021-124823NB-C21) e o proxecto europeo Resistance (H2020-MSCA-RISE-2017, Nº 778076), xunto co Instituto de Historia-CSIC e co Colegio de España.
No encontro, onde participan especialistas de recoñecido prestixio, xoves doutores e investigadores en formación, intervén Antonio González López (Universidade Santiago de Compostela), quen presenta a comunicación “Nobreza, fidalguía e clientelas nobiliarias: algúns episodios de resistencia no noroeste galego (ss. XVI-XVII)”.
Todos/as os/as interesados/as en participar poden conectarse a distancia a través da ligazón habilitada.
Ligazón (Teams)