O Grupo de Investigación de Historia Moderna da USC (G.I.-1921) está composto por un total de 9 membros. Na actualidade atópase dirixido polo profesor Isidro Dubert. Aínda que inicialmente baixo outra denominación, desde hai máis de 30 anos ocúpase de investigar as máis variadas facetas da historia de Galicia da época moderna. De feito, durante todo este longo período de tempo os membros deste grupo de investigación atenderon ao estudo do relativo á súa demografía e historia da poboación, historia da familia, historia das migracións, historia rural, historia urbana, historia cultural e das mentalidades, historia social, historia da relixiosidade e da Igrexa, historia das mulleres, historia da administración e das institucións, historia militar, etc.