Seminario “De toda falsedad. Conflictos por falsedades y falsificaciones en la Edad Moderna”

O vindeiro venres, 21 de marzo de 2025, terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo (USC) o seminario De toda falsedad. Conflictos por falsedades y falsificaciones en la Edad Moderna, coordinado por Rubén Castro Redondo (USC).
O seminario forma parte do proxecto de investigación de xeración de coñecemento “Castillae Metrum. Cartografía digital de los sistemas metrológicos en la Castilla Moderna” (PID2020-118939GA-100) e da Rede de Investigación “Conflitos y resistencias en la Corona de Castilla, siglos XVI-XIX” (RED2022-134215-T) (IP: Ofelia Rey Castelao).
Podes consultar o programa da devandita actividade no arquivo adxunto a esta nova.
Ademais da modalidade presencial, fíxose posible a opción da asistencia a distancia, previa inscrición en: ruben.castro@usc.gal