Ir ao contido principal

X XORNADAS INTERNACIONAIS MULLERES NA HISTORIA. Mulleres fráxiles, mulleres cuidadoras

O vindeiro venres, 17 de outubro, celebraranse as X Xornadas Internacionais “Mulleres na Historia”. Nesta edición baixo o título de “Mulleres fráxiles, mulleres coidadoras”. Ditas xornadas, coordinadas polas profesoras Ana María Sixto Barcia (Universidade de León) e Ofelia Rey Castelao (Universidade de Santiago de Compostela), terán lugar na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Emitiranse diplomas de asistencia con valor de 10h para o estudantado de Doutoramento, Máster e Grao da USC. Para as persoas externas a dita institución, ademais da modalidade de asistencia presencial, tamén está contempada a posibilidade de seguimento onl-line a través de Microsoft Teams. Porén, ó remate das Xornadas deberase enviar un resumo das mesmas, até un máximo de dúas páxinas, ao enderezo de correo electrónico que se proporciona ao final desta nota informativa.

A asistencia é gratuíta para as persoas interesadas, aínda que é necesario rexistrarse por e-mail antes do 16 de outubro en: tomas.manso.fraga@usc.es.

Descargar adxunto