“Elderly, Family and Age support in Galicia at the end of the Ancien Regime”
Autores: Dubert, Isidro
Ano: 2012
Journal of Family History 72, 2, Abril, pp. 175-196
Palabra clave: vellez, asistencia, convivencia interxeneracional, Galicia rural, séculos XVIII-XIX, anciáns
O intento por determinar a forma e a natureza do apoio familiar prestado á vellez ou, o que é o mesmo, o grao de dependencia ou independencia que tiveron as persoas maiores fronte ás súas familias, parentes e achegados, deu lugar a unha gran controversia entre os historiadores. Aínda que o certo é que ao longo dos séculos XVIII e XIX en zonas rurais tan dispares como Galicia, a España interior, Navarra, o sur de Italia, a Inglaterra preindustrial ou Bélxica, a asistencia social e económica dispensada á vellez produciuse en relación ás características particulares que tiñan os distintos tipos de familias que predominaban en cada unha desas zonas. Esta capacidade de adaptación do asistencial levou á súa vez a un maior ou menor protagonismo do papel que os vellos xefes de familia desempeñaron nos procesos de reprodución social e familiar en cada unha desas áreas.