Ir ao contido principal

Publicacións

“Vejez y envejecimiento poblacional en España, siglos XVIII-XX. Fases, distribución espacial e importancia sociofamiliar”

Autores: Dubert, Isidro

Ano: 2007

Semata. Ciencias Sociais e Humanidades, 18, pp. 89-121

Palabra clave: Vellez, avellentamento poboacional, xeografía da vellez, familia, emigración.

Arquivo

Ante a manifesta escaseza de estudos históricos sobre o tema na península, neste traballo tratamos de establecer as fases, claves e xeografía do envellecemento poboacional español na longa duración, co obxectivo de ofrecer un marco histórico de referencia que sirva para contextualizar as achegas de futuras investigacións á historia da vellez. Nun segundo momento, centramos a nosa atención sobre o noroeste peninsular tratando de establecer as similitudes e diferenzas respecto do ocorrido no conxunto de España. É entón cando se buscan criterios que sirvan para medir dalgún modo a importancia sociofamiliar da vellez ao termo do Antigo Réxime, cando se estuda todo o relativo á súa xeografía ou cando se trata de determinar o impacto real da emigración no proceso de envellecemento poboacional galego no tránsito dese Antigo Réxime á Modernidade.

Máis publicacións de: