Ir ao contido principal

Publicacións

“Comercio y tráfico marítimo en la Galicia del Antiguo Régimen, 1750-1820”

Autores: Dubert, Isidro

Ano: 2008

Obradoiro de Historia Moderna, 17, pp. 211-245

Palabra clave: Comercio marítimo, tráfico marítimo, comercio americano, cabotaxe, Real Consulado de Comercio

URL: http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/article/view/455/459

Arquivo

Neste traballo aténdese aos efectos que sobre o futuro desenvolvemento comercial da Galicia litoral tivo a centralización e xerarquización portuaria iniciada a mediados do século XVIII e ratificada logo en 1785, coa fundación do Real Consulado de Comercio da Coruña. Así mesmo, préstase atención tanto aos avatares que expresa a situación de conxuntura comercial, o comercio e o tráfico marítimo de toda Galicia, como á dos principais portos situados na metade meridional e setentrional da súa fachada atlántica. Un contexto xeográfico este último onde se estudan as claves do funcionamento dos mercados costeiros e a estrutura comercial dun dos enclaves litorais máis importantes do suroeste galego. O artigo finaliza analizando o impacto e as implicacións do comercio marítimo na evolución da economía e a sociedade galega no tránsito dos séculos XVIII ao XIX.

Máis publicacións de: