“Trabajando a cubierto: las empleadas institucionales a fines del Antiguo Régimen”
Autores: Rey Castelao, Ofelia
Ano: 2010
Melanges de la Casa de Velázquez, Nº 40, 2, 2010, pp. 73-93.
Palabra clave: empregos femininos, hospitais, mosteiros, poder adquisitivo, salarios, traballo feminino
Artigo integrado nun número monográfico ao redor de Le travail des femmes en Espagne (de l’Antiquité au XXe siècle), no que se estudan as caracterísicas dos empregos femininos desenvolvidos nas institucións civís e relixiosas no XVIII e comezos do XIX no que se tentan medir as vantaxes -visibles ou invisibles, pero reagrupadas baixo o concepto de “seguridade”, comparándoas coas doutros traballos femininos. Estúdanse tamén as condicións e normas impostas polas institucións -hospitais, conventos, etc.-, os niveis salariais, o poder adquisitivo das traballadoras e a súa evolución até a crise do Antigo Réxime, cando o sistema de traballo paternalista cede o seu ante outro sistema máis contractual e menos protector das mulleres.