“Vellos e ‘mozos vellos’. El papel socioeconómico y cultural de la vejez en la Galicia de la Edad Moderna”
Autores: Sobrado Correa, Hortensio
Ano: 2007
Sémata. Ciencias sociais e Humanidades, 18, pp. 271-306.
Palabra clave: vellez, sociedade, Galicia, Idade Moderna
URL: http://dspace.usc.es/bitstream/10347/4565/1/pg_271-306_semata18.pdf

A vellez é unha etapa do ciclo vital na que o home experimenta unha serie de transformacións morfolóxicas, fisiolóxicas, psicolóxicas e sociais, que diminúen a capacidade de resposta fronte aos cambios da contorna. No transcurso da Historia cada sociedade outorgou un papel aos vellos, pois a ancianidade está profundamente mediatizada por un conxunto de factores sociais, así como de tradicións culturais e relixiosas, que interactúan uns con outros. Conscientes da devandita realidade, neste traballo faise unha reflexión en torno ao papel socioeconómico e cultural que tiña a vellez na Galicia da Idade Moderna, o que tamén contribuirá a entender un pouco mellor a situación do ancián na sociedade actual.