Ir ao contido principal

Publicacións

“Obstáculos estructurales al desarrollo de los intercambios comerciales en la Galicia de la Edad Moderna”

Autores: Sobrado Correa, Hortensio

Ano: 2008

Obradoiro de Historia Moderna, Vol XVII, pp. 303-324.

Palabra clave: comercio, transporte, obstáculos estruturais, Galicia, Antigo Réxime

URL: http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/article/view/458

Arquivo

O obxectivo deste traballo é reflexionar ao redor dos obstáculos estruturais que na Galicia da Idade Moderna limitaban o desenvolvemento dos intercambios comerciais, especialmente daqueles que se realizaban por vía terrestre. Os primeiros, relativos ás deficiencias da rede de camiños e ás barreiras institucionais, aínda que supuxeron un recorrente lastre para a circulación das mercadorías, ao retardar e encarecer o seu tránsito, no entanto, foron sorteándose, con maior ou menor éxito, por parte dos profesionais do transporte, tanto polos arrieiros locais, como sobre todo polos arrieiros maragatos, que tanto protagonismo tiveron no tráfico de mercadorías na Galicia do Antigo Réxime. Con todo, os obstáculos estruturais de carácter socioeconómico, máis complexos no seu conxunto, foron moito máis difíciles de sortear, na medida en que a marcha da conxuntura galega apenas permitiu grandes cambios tanto na xeración de excedentes produtivos  comercializables, como na demanda de bens de consumo. No curso do Antigo Réxime en Galicia, as estruturas socioeconómicas, moi tradicionais, apenas contribuíron a iso.

Máis publicacións de: