Ir ao contido principal

Publicacións

“A imigración galega no Entre-Douro e Miño de 1700 a 1850: condicións persoais e ocupacións profesionais dos emigrantes”

Autores: Fernández Cortizo, Camilo

Ano: 2010

Estudos Regionais, II Série, nº 4, 2, pp. 285-303

Palabra clave: emigración galega, Entre-Douro-e-Miño, 1700-1850, sexo, estado, idade, profesións

Arquivo

A emigración galega á rexión de Entre-Douro-e-Miño experimenta unha forte expansión ao termo da Guerra de Sucesión española (1714), de forma que a partir desta data ata 1850 a afluencia de traballadores galegos é continua e vai en aumento progresivo. Son na súa maior parte varóns e de estado solteiro, en particular entre a man de obra non cualificada; en cambio, entre os que exercen oficios especializados solteiros e casados xa tenden a equiparar os seus efectivos. Así mesmo, trátase dunha poboación emigrante nova, na súa maior parte con idades comprendidas entre os 15 e os 39 anos, que se emprega en catro sectores principais: no servizo doméstico urbano; na actividade agrícola como criados e xornaleiros; na cantería e, finalmente, na arriería e no comercio e tráfico polo miúdo.

Máis publicacións de: