Ir ao contido principal

Publicacións

“Del litoral sudoccidental a las montañas del interior: mujer, vejez y asistencia familiar en la Galicia del siglo XVIII”

Autores: Fernández Cortizo, Camilo

Ano: 2009

in Gonzalbo Aizpuru, P. (Coord.), Familias y relaciones diferenciales: Género y Edad, Murcia, Ediciones de la Universidad de Murcia, pp. 149-165.

Palabra clave: muller, vellez, grupo doméstico, medios de subsistencia, sistema de herdanza

Arquivo

A historia da vellez en clave de xénero na Galicia da época moderna ten unha traxectoria historiográfica moi recente ata o punto que a súa constitución como unha corrente de investigación autónoma data dos anos centrais da presente década. O presente traballo, por tal razón, limítase a ser unha primeira aproximación á cuestión da “vellez feminina”, realizada a partir do Catastro de Enseada (1752) e do censo de 1877 e, finalmente, dos protocolos notariais, en catro bisbarras da Galicia rural meridional (España), seleccionadas en razón da disparidade das súas condicións xeofísicas, da súa evolución demográfica e da súa economía agraria. En consecuencia, analizouse as frecuencias comarcais dos xefes mulleres maiores de 59 anos e, a continuación, o tamaño, composición e estrutura dos seus fogares e os medios de subsistencia (extensión da explotación agrícola; número de cabezas de gando e difusión das actividades complementarias). Finalmente, en razón da elevada presenza de fillos no fogar ata idades avanzadas dos seus pais, tamén se puxo atención aos mecanismos de asistencia familiar e, en particular, ao sistema de transmisión e herdanza de tipo “preferencial”.

Máis publicacións de: