Ir ao contido principal

Publicacións

“Matrimonio y régimen dotal en la Galicia de transición al interior en el siglo XVIII”

Autores: Fernández Cortizo, Camilo

Ano: 2010

in Lobo de Araujo, M. M.-Esteves, A. (coords.), Tomar estado: dotes e casamentos (séculos XVI-XIX), Braga, CITCEM, pp. 33-55.

Palabra clave: réxime dotal, herdanza preferente, Terra de Montes, século XVIII

Arquivo

A función da nupcialidade como mecanismo de regulación demográfica non pode desvincularse do seu papel no proceso de reprodución familiar e social na Galicia do Antigo Réxime. No seu funcionamento, as estratexias matrimoniais e, en particular, o réxime dotal constitúen unha peza crave, que no presente caso analízase para a comarca de Terra de Montes no século XVIII. En consecuencia, son obxecto de estudo cuestións como a condición dos outorgantes e dos dotados, os cambios no tempo na natureza, composición e riqueza dos dotes e, finalmente, as fórmulas e condicións de transferencia dos bens dotales.

Máis publicacións de: