“Un arzobispo que no lo parece. Imagen y poder en el Pontificado Compostelano de fray Antonio de Monroy”
Autores: Suárez Golán, Fernando
Ano: 2012
in Jiménez Estrella, A. & Lozano Navarro, J. J. (Ed.), Actas de la XI Reunión Científica de la Fundación Española de Historia Moderna. Comunicaciones, vol. 1, Granada, EUG, pp. 569 -579.
Palabra clave: episcopado; cabido; poder; Galicia; época moderna
Exponse brevemente algúns aspectos referidos á concepción, representación e exercicio do poder episcopal durante o pontificado de frei Antonio de Monroy (1685-1715). Durante este período, as dúas declinacións e o dobre valor, político e relixioso, do poder do arcebispo deron lugar a unha concepción antagónica da súa imaxe e da proxección externa da figura episcopal na que se enfrontaban dous modelos contrapostos. Pero máis aló desa confrontación en torno ao poder episcopal e a súa representación, que non deixaba de ser algo habitual, o máis significativo é que uns e outros (defensores e detractores) utilizaron argumentos idénticos, aínda que con sentido oposto, cuxo referente se atopaba no modelo de bispo ideal xurdido da reforma tridentina, de tal modo que, o que aos ollos duns era exemplo perfecto de todas as virtudes que debía reunir en si un bispo, para outros era un impostor que en nada se achegaba ao que, na súa opinión, debía representar un arcebispo da Santa *Apostólica Metropolitana Igrexa de Santiago de Compostela.