Ir ao contido principal

Publicacións

“Les senyories monàstiques a la Galícia moderna”

Autores: Saavedra Fernández, Pegerto

Ano: 2010

Afers. Fulls de recerca i pensament, 65, pp. 113-141.

Palabra clave: mosteiros, señorío, foros, cargas señoriais, conflitividade rural, economías monásticas, Galicia, Antigo Réxime.

URL: http://www.editorialafers.cat/web/ca/botiga.html?page=shop.product_details&flypage=flypage.tpl&product_id=300&category_id=31

Os mosteiros bieitos e do Císter alcanzaron en Galicia unha presenza e un poder superior ao que tiveron en calquera outro territorio da península Ibérica. Os seus patrimonios incluían abundantes terras cedidas a miúdo en foro a campesiños, dereitos de xurisdición sobre colonos obrigados a pagar diversas cargas pola súa condición de vasalos, dereitos de presentación de parroquias e vigairías e de participación nos dezmos… Na etapa final do Antigo Réxime os ingresos dos mosteiros en concepto de “señorío” eran de escasa relevancia, á beira dos procedentes de foros e dezmos, pero esta situación, reflectida no Catastro de Ensenada e nos libros de contas dos arquivos das propias institucións, oculta que o señorío tiña compoñentes de coacción que non poden medirse, e que a realidade era moi diferente a principios da Idade Moderna, cando as prestacións en traballo ou doutro tipo estaban moi estendidas, antes de reducirse pola oposición das comunidades campesiñas, ou de mudar de natureza, cando os monxes incluíron a cobranza de determinadas cargas nas cartas forais, co en diante se asimilaron á renda foral.

Máis publicacións de: