Ir ao contido principal

Publicacións

“As mulleres do couto de Rubillón fronte ó mosteiro de Melón a mediados do século XVIII”

Autores: Saavedra Fernández, Pegerto

Ano: 2011

Boletín Auriense, 41-42, pp. 201-225.

Palabra clave: foros, mosteiros, conflitividade rural, "armas dos débiles", mulleres campesiñas, Galicia, século XVIII

A conflitividade motivada polo carácter temporal dos foros, cuxa caducidade viña a miúdo determinada pola morte dos monarcas (1700, 1746, 1759), foi moi intensa a mediados do século XVIII, pola oposición das comunidades campesiñas e dalgunhas familias fidalgas a renunciar aos dereitos de posesión de que habían vindo gozando. Un dos episodios de resistencia máis contumaz tivo lugar no coto de Rubillón, de señorío do mosteiro de Melón. É estudo das diversas incidencias pon de manifesto como os colonos recorren continuamente ás chamadas “armas dos débiles” fronte aos monxes, e como as mulleres, debido á  situación de inferioridade á que as condenaba o dereito, adquiren un excepcional protagonismo, aproveitando a súa case impunidade nos asuntos civís. Con iso os preitos alargábanse, crecían os gastos para os mosteiros e creábanse situacións ruidosas e escandalosas, que deixaban en mal lugar aos relixiosos.

Máis publicacións de: