El comercio marítimo de Galicia, 1525-1640
Autores: Juega Puig, Juan
Ano: 2012
Santiago de Compostela, Departamento de Historia Medieval & Moderna,
Dirixida por María del Carmen Saavedra.
Esta tese ten como obxectivo analizar o comercio marítimo galego nun período clave, desde o auxe do século XVI até o declive experimentado nas primeiras décadas do século seguinte. A atención do autor céntrase nas Rías Baixas, dedicando o groso da investigación a analizar a situación de diversos tráficos, en particular os do peixe, o sal e o viño. Este interese permítelle profundar na situación do sector pesqueiro das rías apoiándose nun importante achegue de documentación notarial. Ademais, tamén analiza tráficos menores, como os de cereais ou panos e dedica un apartado específico ao comercio colonial.