Curso de Verán: Historia das historias de Galicia
Datas: 14/07/2014 | 16/07/2014
Entre o 14 e 16 de xullo desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Filosofia da USC o Curso de Verán 2014 “Historias das historias de Galicia”.

Programa
14 de xullo
9:00-10:00. Inauguración do curso
10:00-11:00. Á procura dos celtas galaicos. Francisco Javier González García, profesor titular da USC
11:00-12:00. Os celtas pasados pola cabina do Doutor Who: a constante reinvención dunha realidade. Manuel Gago Mariño, profesor asociado da USC
12:15. Descanso
12:45-14:00. Os monxes, o Camiño, os reis, o Reino e os irmandiños: a Galicia medieval vista polos historiadores contemporáneos. Xosé M. Andrade, profesor titular da USC
16:30-17:30. O Reino de Galiza na historia. Anselmo López Carreira, catedrático de historia en ensino medio
17:30-18:00. Descanso.
18:00-20:00. Mesa redonda: Celtas, reinos e reis. Realidade e ficción nas historias de Galicia.
15 de xullo
9:00-10:30. As historias de Galicia na idade moderna. Ofelia Rey Castelao, catedrática de historia moderna da USC
10:30-12:00. A invención dos Séculos Escuros. Henrique Monteagudo, profesor titular da USC e académico da RAG
12:15. Descanso.
12:45-14:00. Chegar e amolar. O desembarco dos cataláns nas historias de Galicia. Isidro Dubert, catedrático de historia moderna da USC
16:30-17:30. A realidade política galega nos “séculos escuros”. María del Carmen Saavedra, profesora titular de historia moderna da USC
17:30-18:00. Descanso.
18:00-20:00. Mesa redonda: ¿Foron realmente tan escuros os “séculos escuros”?
16 de xullo
9:00-10:30. Os feudais: entre os Irmandiños e as Comunidades. Pegerto Saavedra, catedrático de historia moderna da USC e académico da RAG
10:30-12:00. Da Frouseira a Carral: sobre a construción de mitos e lugares de memoria. Ramón Villares, catedrático de historia contemporánea e presidente do CCG
12:15. Descanso.
12:45-14:00. O paradigma do falso “atraso”: razóns dun éxito. Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de historia contemporánea da USC e director de HISTAGRA
16:30-17:30. Do atraso ao progreso económico de Galiza: que nos din os datos? Edelmiro López Iglesias, profesor titular de estrutura económica da USC
17:30-18:00. Descanso
18:00-20:00. Mesa redonda: Construción e permanencia das historias de Galicia
20:00. Clausura do curso