“Los inventarios post-mortem como fuente privilegiada para el estudio de la historia de la cultura material en la Edad Moderna”
Autores: Hortensio Sobrado Correa
Ano: 2003
Hispania, LXIII/1, núm. 215 (2003), pp. 825-862.
Palabra clave: Inventarios post-mortem, Cultura material, Edad Moderna
Este traballo analiza a importancia para os historiadores, pasados e presentes, dunha das fontes notariais máis ricas en materia de información: os inventarios post-mortem. Estes documentos, que a miúdo foron criticados non só polas lagoas que conteñen, senón tamén polas súas limitacións en canto a representatividade ou fiabilidade, constitúen sen embargo unha fonte ideal para o estudo da cultura material das comunidades do Antigo Réxime. Unha análise de ditos inventarios arroxa luz sobre aspectos da vida cotiá como a alimentación, a vivenda, o mobiliario, a hixiene e a vestimenta, entre outros, proporcionando unha mellor comprensión das sociedades rurais e urbanas da Idade Moderna.