Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Relatorio de José Javier Ruiz Ibáñez (Universidade de Murcia)

Datas: 18/02/2020 | 18/02/2020

O doutor José Javier Ruiz Ibáñez (Universidade de Murcia) impartirá unha conferencia titulada “A Hispanofilia e o Dragón na costa” na USC. A charla terá lugar o 18 de febreiro de 2020, de 18:00 ás 20:00 horas, na aula 6 da Facultade de Xeografía e Historia. Esta actividade, coordinada por Ofelia Rey Castelao e organizada polo Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está aberta á participación de toda a comunidade investigadora.

Este encontro forma parte dos Seminarios de Formación GIHM (2019-2020) e está recoñecido como actividade docente polo programa de doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte” e polo master “Historia Moderna: Monarquía de España, séculos XVI -XVIII”, polo que se entregará certificado acreditativo de asistencia.

CV conferenciante: https://www.um.es/web/historia-moderna/contenido/pdi/jose-javier-ruiz-ibanez

Ver fotografías do encontro