Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Conferencia de Juan E. Gelabert (Universidade de Cantabria)

Datas: 28/02/2020 | 28/02/2020

O doutor Juan E. Gelabert (Universidad de Cantabria) impartirá unha conferencia titulada “Ausencia de revolución. Fisco, política e relixión en Castela no século XVII”. A charla realizarase o vinte e oito de febreiro de 2020, de 10:00-12:00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia (USC). Esta actividade, coordinada polos profesores Domingo L. González Lopo e Camilo J. Fernández Cortizo, está aberta á participación de toda a comunidade universitaria.

Organiza a actividade o máster “Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, Universidade de Santiago de Compostela, Universidad de Cantabria e Universidad Autónoma de Madrid.

CV conferenciante