Cancelación da conferencia de José Pedro Paiva (Universidade de Coimbra)
Datas: 27/03/2020 | 27/03/2020
O doutor José Pedro Paiva (Universidade de Coimbra) impartirá unha conferencia titulada “En que se distinguían e que finalidade tiñan as visitas pastorais na América española e no Imperio portugués (antes e despois de 1564)?” na USC. A charla terá lugar o 27 de marzo de 2020, de 10:00 á 12:00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia. Esta actividade, coordinada por Domingo L. González Lopo e organizada polo Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), está aberta a toda a comunidade universitaria.

Este encontro forma parte dos Seminarios de Formación GIHM (2019-2020) e está recoñecido como actividade docente polo programa de doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte” e polo máster “Historia Moderna: Monarquía de España, séculos XVI -XVIII”, polo que se entregará certificado acreditativo de asistencia.
CV conferenciante: José Pedro de Matos Paiva