Ir ao contido principal
Volver á listaxe

II Xornadas Mulleres na Historia

Datas: 11/12/2020 | 11/12/2020

O 11 de decembro de 2020 celebraranse as II Xornadas Mulleres na Historia, coordinadas por Ana M. Sixto Barcia, María Xesús Souto Blanco e Ofelia Rey Castelao. Esta actividade, financiada polo proxecto PGC2018-093841-B-C31, está recoñecida como actividade lectiva polo programa de doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte”, así como polo mestrado “Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII”, da Universidade de Santiago de Compostela, polo que se entregará certificado aos asistentes.

Dada a situación sanitaria actual, o aforo será limitado no Paraninfo da USC, de xeito que só poderán asistir 10 alumnos de forma presencial. Con todo, habilitarase unha sesión Microsoft Teams para 20 interesados. Para a obtención do crédito ou do recoñecemento de horas, será preciso entregar un resumo de non máis de dous folios ou 1.500 palabras nun prazo dunha semana á seguinte dirección de correo electrónico: a.rodriguez.lemos@usc.es

 

PROGRAMA DA ACTIVIDADE

9:00-9:15h Presentación
9:15h-9:45h Desireé María Domínguez Pallas, AHUS: Fontes para a historia das mulleres no Arquivo Histórico Universitario de Santiago
9:45-10:15h Domingo L. González Lopo, USC: Muller e relixiosidade
10:15-10:45h Roberto J. López López, USC: A imaxe das raiñas na Idade Moderna: Mariana de Neoburgo en Santiago
10:45-11:15h Debate
Descanso
11.45-12:15h Ana M. Sixto Barcia, USC: Abusos na educación feminina: as pegadas documentais (ss. XVIII-XIX)
12:15-12:45 Camilo J. Fernández Cortizo, USC: Muller e vellez na Galicia rural, séculos XVIII-XIX
13:45 Debate
Pausa para comer
15:45-16:15h Francisco Cebreiro Ares, USC: “Comerciantas”: as mujeres na documentación mercantil ao final do Antigo Réxime
16:15-17:00h Laurinda Abreu, Universidade de Évora (Portugal): Mulheres enclausuradas em Portugal na época moderna: multiplicidade de sentidos
17:00-17:30h María Xesús Souto Blanco, USC: Mulleres en procesos de conciliación (século XIX)
Descanso
17:45-18:30h Alexandra Esteves, Universidade do Minho (Portugal): A história, as mulheres e a doença em Portugal: o que nos dizem as fontes?
18:30-19:00h Arturo Iglesias Ortega, Arquivo da Catedral de Santiago: Fontes para a historia das mulleres no Archivo Catedralicio de Santiago
19:00-20:00h Debate e clausura

ORGANIZA: Proxecto Orden, conflito e resistencias no noroeste peninsular ibérico na Idade Moderna (PGC2018-093841-B-C31), Axencia Estatal de Investigación, Ministerio de Ciencia e Innovación, e Fondos FEDER & Proxecto RESISTANCE: Rebellion and Resistance in the Iberian Empire, 16th-19th centuries, financiado polo programa Horizon 2020 da Comisión Europea, mediante a acción Marie Skłodowska-Curie RISE (n.º 778076).

COLABORA: Arquivo Histórico Universitario de Santiago (USC)

(Programa completo en arquivo adxunto para descargar)

Descargar adxunto