Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Cidades, xentes e intercambios culturais na Monarquía hispánica durante a Idade Moderna

Comezo: 01/01/2013 | Fin: 31/12/2015 Proxecto pechado

Fondos: Ministerio de Economia e Competitividade, Subprograma de Historia

Referencia: HAR2012-39034-C03-03

Investigador/a responsable: Ofelia Rey Castelao

Liñas de investigación: Historia da cultura, Historia social

Proxecto da USC

Este proxecto está coordinado con outras dous das universidades de Cantabria e Autónoma de Madrid. O obxectivo do grupo da USC é estudar as cidades como xeradoras de produtos culturais e como emisores de hábitos e prácticas, realizando a súa análise de modo intercontectado. Unha vez establecida noutro proxecto a xerarquía básica da dotación cultural da Castela moderna e o funcionamento da rede urbana na transmisión de produtos culturais, facendo fincapé nos núcleos que actuaban como redistribuidores e nos axentes sociais que servían como transmisores, este céntrase neste aspecto. Partindo das leis da difusión deseñadas pola antropoloxía, adaptándoas ás fontes da Idade moderna, estúdanse o intercambio material e inmaterial dos produtos culturais e a eficacia da transmisión escrita, verbal ou visual de ideas, modelos, prácticas, tendencias, etc.; os axentes transmisores tradicionais -grupos sociais de elite, clero, compoñentes da administración civil e do exército e a mariña, profesionais cualificados-, pero sobre todo aos mozos, ás mulleres, aos traballadores temporeiros e itinerantes e as xentes do mar. Para isto, aprovéitase a experiencia do grupo no estudo da mobilidade e das migracións na Coroa de Castela, Portugal e América, cuxas cidades acolleron unha intensa inmigración do Noroeste que, a través dos retornos, xerou un circuíto de comunicación de experiencias.

Publicacións