Vellez e envellecemento na historia de Galicia
Comezo: 01/01/2005 | Fin: 31/12/2008 Proxecto pechado
Fondos: Dirección General de Investigación. Ministerio de Educación y Ciencia
Referencia: HUM2005-01908
Investigador/a responsable: Isidro Dubert
Liñas de investigación: Demografía histórica, Historia Rexional, Historia social
Proxecto da USC
Estudáronse as implicacións sociofamiliares e demográficas da vellez no marco da sociedade galega entre finais da idade media e os inicios da época contemporánea desde unha perspectiva europea comparada. Entre outras cuestións, sacouse á luz a xeografía da vellez e atendeuse ao seu porqué; analizáronse os diferentes elementos que pesaron sobre a representación e a consideración social da vellez; determináronse os niveis de envellecemento poboacional e establecéronse as súas causas; atendeuse ao protagonismo social e familiar da vellez en cada período histórico; determinouse a súa incidencia sobre a reprodución social e familiar ou a natureza e funcionamento dos mecanismos asistenciais que existían tanto no mundo rural como no urbano.