Mobilidade poboacional campo-cidade, mortalidade e estrutura demográfica urbana no noroeste peninsular desde unha perspectiva europea comparada
Comezo: 01/01/2010 | Fin: 30/06/2013 Proxecto pechado
Fondos: Ministerio de Ciencia e Innovación
Referencia: HAR 2009-08098
Investigador/a responsable: Isidro Dubert
Liñas de investigación: Demografía histórica, Historia Rexional
Proxecto da USC
O obxectivo deste proxecto foi a construción dunha gran base de datos nominativa de carácter lonxitudinal a partir do manexo de distintas series documentais pertencentes á cidade de Santiago de Compostela no tránsito dos séculos XIX ao XX. A partir da súa posterior explotación sistemática, e desde unha perspectiva comparada, atendeuse logo á influencia que os fluxos migratorios campo-cidade exerceron sobre algunhas das principais variables demográficas urbanas, caso da mortalidade ou da morbilidade; como tamén, ao papel que a distintos niveis xogaron os mercados de traballo urbanos na determinación das estruturas sociodemográficas da cidade.