Fernando Suárez Golán participa en Roma na International Conference Cultural Heritage: present challenges and future perspectives

Fernando Suárez Golán, profesor de historia moderna na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo e membro do Grupo de Investigación de Historia Moderna, participará os días 21 e 22 de novembro en Roma na Conferencia Internacional Cultural Heritage: present challenges and future perspectives, organizado pola Università di Roma Tre e o Centro per lo Studio di Roma (CROMA).
A Conferencia ten como obxectivo fortalecer un seminario de investigación permanente sobre o tema do Patrimonio Cultural e configurar unha rede informal de académicos e expertos para fomentar o debate, a posta en común de proxectos e de novas metodoloxías, as actualizacións de innovación tecnolóxica e a difusión de boas prácticas.