Segunda xornada do Seminario sobre a decadencia da Monarquía Hispánica no século XVII

Ao longo da mañá sucederánse as intervencións de recoñecidos especialistas no ámbito da historia económica. Luis Perdices de Blas (na foto, primeiro pola esqueda), profesor da Universidad Complutense de Madrid, que disertará sobre Economía e literatura na Castela do século XVII”. A profesora da Universidad Complutense de Madrid e academica da Real Academia da Historia, Carmen Sanz Ayán (segunda pola dereita), centraráse no tema da deuda da Monarquía no reinado de Carlos II. Pechará a sesión da mañá o profesor da UNED J. A. Sánchez Belén (primeiro pola dereita) co relatorio “Mirando cara adiante: as reformas económicas e fiscais no reinado de Carlos II”.
O seminario continuará pola tarde coas intervencións de Pablo Jauralde, Roberto López e Víctor Mínguez, centradas no ámbito cultural.