Integrantes do G.I. de Historia Moderna participan no Seminario Internacional “Do silêncio à ribalta: Os resgatados das margens da História (séculos XVI-XIX)”, Universidade do Minho, 28-29 Mayo 2015

Organizado polo Labóratorio de Paisagens, Patrimonio e Territorio (Lab2PT), da universidade de Minho (Portugal), celebrouse os días 28 e 29 de maio o Seminario Internacional “Do silêncio à ribalta: os resgatados das margens da Historia, séculos XVI-XIX“. Nas súas sesións participaron como poñentes invitados os membros do Grupo de Invetigación de Historia Moderna de la USC.
Na sesión inicial intervíu Ofelia Rey Castelao, cunha ponencia sobre os mozos e os adolescentes no eido da Galicia urbana, quen fixo fincapé nas situacións de marxinación e nas vías de integración. Na sesión de feche participaron, Domingo L. González Lopo, cunha ponencia sobre os galegos atendidos no Hospital Real de Lisboa no século XVIII, namentres que Hortensio Sobrado e Camilo Fernández Cortizo achegaron unha ponencia conxunta sobre os galegos asistidos e postos na cadea no norte do Portugal nos séculos XVIII e XIX.