Ir ao contido principal

Partición do G.I.H.M. no curso Muller e Familia: Regularidades e Transgresións, organizado pola Universidade de Córdoba

O curso xira ó redor da visión da muller no dereito castelán e no dereito foral do Antigo Réxime; as transgresións na familia e a muller; a sedución e a figura das mulleres seducidas na España da época moderna; as mulleres e as familias nas áreas de fronteira; o amor e o abandono a través da correspondencia feminina; e os amores ilexítimos e a ilexitimidade no Antigo Réxime.

O curso desenvolverase no Salón de actos do Reitorado da Universidade de Córdoba entre os días 16 e 18 de decembro de 2015. Nel participan destacadas especialistas no tema, como as profesoras Marion Reder Gadow (Universidade de Málaga), Maria de los Ángeles Añanos (Universidade de Zaragoza), Soledad Gómez Navarro (Universidade de Córdoba), María Luisa Candau Chacón (Universidade de Huelva), Margarita Birriel (Universidade de Granada), Rocio Sánchez Rubio e Isabel Testón Núñez (Universidade de Extremadura).