Ir ao contido principal

Novidade editorial: “Los vestidos de Clío. Métodos y tendencias recientes de la historiografía modernista española (1973-2013)”

Esta publicación contén os traballos do VII Coloquio de Metodoloxía Histórica Aplicada, co cal a Área de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela quixo celebrar o cuadraxésimo aniversario das exitosas Xornadas de Metodoloxía Aplicada ás Ciencias Históricas, realizadas en 1973. As sesións do simposio e as contribucións presentadas serviron para tentear a evolución historiográfica modernista das últimas catro décadas, en termos de obxectivos, fontes e métodos. Neste sentido, son contempladas, por unha banda, as áreas temáticas esenciais nas primeiras xornadas de 1973 -demografía e estruturas sociais; historia rural; indicadores económicos, o comercio e os medios de pagamento-, paneis coordinados respectivamente por Isidro Dubert, Camilo Fernández Cortizo e Enrique Martínez; Pegerto Saavedra e Hortensio Sobrado, e Domingo L. González Lopo e Vítor M. Migués. Ademais, outros campos desenvolvéronse significativamente desde 1973, especialmente a cultura e o poder, panel que estivo baixo a coordinación de Roberto J. López e María del Carmen Saavedra, e se atopan integrados nestas páxinas, de xeito que este traballo é estruturalmente distinto das actas daquelas primeiras xornadas de metodoloxía do 73.

O libro pode adquireirse en liña na tenda do Servizo de Publicacions e Intercambio Científico da USC.